Festas

Festas de Celanova


No calendario local de eventos teñen especial relevancia a Romaría Etnográfica Raigame que se celebra o 17 de maio en Vilanova dos Infantes co obxetivo de revitalizar antigos oficios e tradicións populares coincidindo coa celebración do día das Letras Galegas, e a Ramallosa , o primeiro fin de semana de agosto, en trámites de ser considerada Festa de Interese Nacional.

Outra celebración de importancia é o Sábado de Piñata que se celebra o sábado seguinte ao remate do Entroido. A pesar de ser relativamente innovadora, esta actividade xa goza de gran prestixio no ben coñecido panorama do entroido ourensán.


A continuación podes ver o calendario das festas patronais nas diferentes parroquias:


  • Festas en honor San Roque (a medidados de agosto), teñen a súa orixe no que a finais do s. XVI fixeron os monxes do mosteiro ao santo para librarse dunha epidemia de peste
  • Festa Virxe da Armada, avogada dos males da cabeza, arredor do 10 de setembro na parroquia de San Salvador de Rabal
  • Festa do San Marcos da Gandarela (finais de Abril)
  • Festas do San Cibrao de Acebedo do Río (finais de setembro)
  • Festas do Cristal (mediados de setembro)
  • Festas dos Remedios (Santa María de Vilanova. A primeira fin de semana de setembro) Hai verbena na praza do pobo con chocolate gratis e queimada para os asistentes
  • Festa da Virxe das Neves en Freixo (mediados de xullo)
  • Festa da Magdalena en Santa Eufemia (mediados de xullo)
  • Festa da virxe do Carme en Queixas: no mes de xuño

Outras festas


  • Xornadas do Folclore con bailes tradicionais de distintos países do mundo, e que se celebran no emblemático Claustro Barroco.
  • Tamén se celebra unha feira de mostras organizada pola Asociación de comerciantes e empresarios de celanova, que se soe celebrar no mes de abril.