Parroquia de Mourillós
Mourillós é unha parroquia que se asenta ao carón do núcleo urbano do Concello de Celanova.
Núcleos
- A Devesa
- Campo
- Carballeira
- Mandrás
- O Mato
- Mourillós
- Penalta
- Sixín
- O Val
Datos de interese
Destacan os elementos arquitectónicos como o muro da Coutada na Devesa, a igrexa parroquial ou os numerables canastros existentes nos seus pobos. O seu patrón é San Pedro e as celebracións festivas máis importantes teñen lugar a finais de xuño de cada ano en honor a San Pedro.
Lugares de interese
- Pontepedriña, ponte do s.XVII que comunica as parroquieas de Orga e Mourillós.
- Tramo do río.