Turismo de Celanova - Vilanova dos Infantes

Parroquia de Vilanova dos Infantes

Vilanova dos Infantes é unha parroquia que se asenta ao carón do núcleo urbano do Concello de Celanova. 

Núcleos

Datos de interese

Foi casa importante dos condes Gutier e Ilduara, pais de San Rosendo. A tradición recolle a fundación dun mosteiro feminino, hoxe desaparecido, auspiciado pola nai do santo. Xunguida inicalmente á xurisdición rexia de Milmanda, a vila pasaría polas mans de distintas casas nobiliarias, os Biedma, os Ulloa, os Zuñiga e os Monterrei.

Contaba con recinto amurallado e fortaleza, da que só se conserva a torre da homenaxe, clara representación do poder na zona. Construída na segunda metade do s. XII, érguese no centro da vila, foi derribada a finais do XV durante as revoltas irmandiñas y reconstruída totalmente como se recolle na declaración do preito que enfronta en 1481 ao mosteiro e ao concello de Celanova: "...que o dito senor abbade lle fezera pagar de cada casa çento et vinte maravedis para a torre de Vilanova que derrubara a Yrmandade". As portas, a unha altura considerable do chan, obrígannos a imaxinar como serían as pontes levadizas que unían a torre co resto da fortaleza e das que son se  conservan as ménsulas de apoio.

Tivo concello propio ata 1927, cando se anexionou a Celanova.

Lugares de interese

Festas

 


Históricos

A Torre de Vilanova