Turismo de Celanova - Alcázar de Milmanda

Parroquia de Alcázar de Milmanda

Alcázar de Milmanda é unha parroquia que se asenta no Concello de Celanova.

Núcleos

Datos históricos

Coa intención de asentar o poder da Coroa fronte aos señores feudais da znoa, o rei Alfonso IX decidiu otorgarlle Foro Real a Milmanda no 1199, converténdose de facto no princiapl núcleo da comarca, con importantes atribucións comerciais e un extenso alfo. O propio monarca decide, anos máis tarde, entregarlle este enclave ás súas fillas, Sancha e Dulce, en concepto de dote xunto con outras fortalezas do reino. Polo seu emprazamento estratéxico xogou un papel importante nos conflitos con Portugal que se estenderon ata época moderna. No s. XIV foi ocupada polo monarca portugués Fernando I, que chegou a establecer a súa corte no Alcázar.

O castelo foi destruído nas revoltas irmandiñas e os veciños obrigaados a levantalo novamente. Do recinto fortificado aínda son visibles restos do foxo defensivo e da torre, aproveitada como espadaña da igrexa de Santa María, que se construíu na Idade Moderna.

Lugares de Interese