include('layout.preloader')

A capela de San Miguel

32800 Celanova - Ourense
;
  • Museo
  • Accesibilidad
  • Guía turístico

Descrición

Tanto polas súas pequenas, pero harmónicas, dimensións como polas singulares trazas arquitectónicas, a Capela de San Miguel constitúe un exemplar único na Península Ibérica e un modelo que resulta indispensable coñecer para poder entender os tempos de repoboación cristiá no noroeste peninsular.

"Non é cousa á que se lle poida sacar planta nin hai cores para retratala, porque faise mirar como un anaco de ceo" dixo dela frei Antonio Yepes. Do conxunto monástico fundado por San Rosendo é o único resto arquitectónico que resistiu, practicamente inalterable, o paso do tempo.

A Capela de San Miguel é un pequeno oratorio situado no xardín do mosteiro que combina na súa fábrica os estilos hispanovisigodos, carolinsios e islámicos en apenas 22 m2. Orientada estratexicamente ao nacente do sol é durante os equinoccios cando o astro rei crea un espectáculo único de luz ao atravesar as pequenas fiestras do bloque central.

Sobre a porta de entrada, unha inscrición prega a Deus pola alma de Froila "pedador e indigno servo de Deus" e irmán de San Rosendo.


+ Info

  • Visitas guiadas de martes a sábados: 11.00, 12.30, 16.30  (xoves, domingos e festivos as 12:30 e 16:30)