include('layout.preloader')

Ponte de Freixo

Freixo, 32823 Celanova
;
  • Paisaxe
  • Mascotas permitidas
  • Sendeirismo
  • Zona natación

Descrición

É unha das pontes máis fermosas sobre o río Arnoia e dos poucos exemplares de construcción romana que conserva gran parte da súa estructura orixinal, a pesar de que o seu valor histórico e patrimonial non foi recoñecido ata época moi recente, cando xa ameazaba con arruinarse.

Consta de catro arcos de medio punto de opus rusticum, sendo as bóvedas centrais de maior luz que as laterais. Simetría e proporción, dous elementos claves da arquitectura romana, xunto coa obrigada resistencia, converteron, co devir dos séculos, a unha obra pública como esta nun vistos monumento, xunguindo o mundo da arte co da enxeñería, transformamndo en artista ao técnico que o proxectou.

Mentres par uns autores a ponte pertenceu á vía Bracara-Lucus, sendo parte do tramo que unía Aquis Querquernis con Lugo, pasando por Ourense, para outros trataríase dun tramo da vía Brigantia-Iria Flavia, que cruzaría por Castromao.

A zona da ponte de Freixo está integrada nunha área recreativa onde se pode practicar a natación, o sendeirismo, gozar dunha comida ao aire libre ou, simplement desfrutar da paisaxe.