include('layout.preloader')

Mosteiro de San Salvador

Plaza Mayor, 32800 Celanova - Ourense
desde/por persoa 2
;
  • Museo
  • 3 Horas
  • Accesibilidad
  • Audio guía
  • Guía turístico

Descrición

O máis rico e máis principal mosteiro de Bieitos que hai en Galicia”. Así definiu¡ Ambrosio de Morales ao mosteiro de Celanova no s. XVI. Fundado por San Rosendo no século X, o edificio actual e froito de sucesivas reconstrucións entre os séculos XVI ao XVIII que o converten nun interesante repertorio de estilos e solucións artísticas.

O mosteiro, eixo vertebrador da vida comercial e social da comarca e centro de educación e cultura, expresa na súa fábrica as épocas de maior esplendor da arquitectura monástica galega. Organízase ao redor de dous claustros, o Claustro Barroco ou das Procesións e o Claustro do Poleiro, este de estilo neoclásico.

O claustro procesional, contiguo á igrexa, foi construído durante a segunda metade do s. XVI. No século XVIII foi ornamentado nas súas fachadas nun barroco moi cargado, obra de frei Plácido Iglesias, monxe arquitecto de Celanova, a quen se lle atribúe a solemne escaleira de honor. Catro impresionantes reloxos de sol chaman a nosa atención. Nos medallóns, entre personaxes mitolóxicos, bíblicos e históricos destacan os bustos de Carlos V, Felipe II e Xoán de Austria.

O Claustro do Poleiro, neoclásico, construíuse entre principios s. XVII e principios do século seguinte. Debe o seu nome a unha balconada (poleiro) apoiada en grandes ménsulas que conducía ás celas dos novicios. Hoxe alberga un Instituto de Educación Secundaria. No seu interior, a biblioteca aínda conserva o moble orixinal de trazas barrocas.

A Igrexa, con ínfulas de catedral, é unha obra clasicista coroada por unha cúpula barroca e unha fachada-retablo, modelo da Contrarreforma, onde destacan as figuras de San Benito, San Rosendo e San Torcuato. No seu interior sobresaen o gran retablo maior e o coro barroco, obras de Castro Canseco. No primeiro tramo elévase o coro alto, de estilo gótico flamíxero, situado a carón do órgano, hoxe totalmente restaurado e habilitado para a celebración de magnos concertos. Un deleite para os sentidos.

 


+ Info

Do 1 de marzo ao 31 de outubro
Luns 10.00 - 17.30
Martes 09.00 - 17.30
Mércores 09.00 - 17.30
Xoves Pechado
Venres 09.00 - 17.30
Sábado 09.00 - 17.30
Domingo 10.00 - 17.30
Derradeira admisión 17.00
  • Visitas guiadas de martes a sábado: 11.00, 12.30,16.30  e 18:00 (2€ por persoa)

Visita virtual           Espacios Celanova TVE